Logo de que varias noticias en medios de comunicación dixeran que o 1 de xaneiro de 2020 as tarifas da electricidade van a mudar e pasarán a ter máis períodos de discriminación horaria, entre outras características... Nosa Enerxía S.Coop.Galega quere aclarar esta situación. Esas modificacións non entrarán en funcionamento o 1 de xaneiro, xa que a CNMC remitiu a súa proposta da nova metodoloxía para o cálculo dos peaxes a principios deste mes de decembro do 2019. Agora o Consello do Estado ten que valorala e darlle forma de normativa. Unha vez que se publique no BOE comezaría o período de adaptación, que levará varios meses, antes de que se faga efectiva dita modificación.
Deste xeito queremos tranquiliar ás nosas persoas socias con respecto ás modificacións nas discriminacións horarias das tarifas que se preveen para o 2020, xa que aínda quedan meses para que se fagan efectivas e aclaratorias.