Neste proxecto gustaríanos que as persoas que o desexen poidan sumarse, cooperar e ser partícipes no cambio cara a un modelo enerxético 100% renovable.
A base de Nosa Enerxía son as persoas socias, que son as protagonistas e a forza necesaria para acadar os obxectivos marcados.
Cunha pequena achega, podes contribuír a todo isto:
-
Podes consumir enerxía eléctrica de orixe renovable certificada, a un prezo xusto e sustentable. - Tes acceso aos bens e servizos que poida ofrecer a cooperativa.
-
Participas na toma de decisións da cooperativa, e polo tanto, contribúes á soberanía enerxética. -
Colaboras nun proxecto de propiedade colectiva, e fas que a xestión da enerxía sexa democrática. -
Podes participar na posta en marcha dos proxectos de xeración de enerxía renovable que se vaian facer. -
Axudas nun modelo de xestión que defende o desenvolvemento sostible e apoia os principios da economía social. -
Apoias a defensa da natureza, a protección do medio ambiente e actividades de carácter social e solidario. -
Fortaleces o tecido autóctono de enerxías renovables, xerando traballo e desenvolvemento a nivel local.