Preguntas frecuentes

Respondemos ás dúbidas máis comúns

Preguntas frecuentes2024-01-31T19:23:46+01:00
Vantaxes do cooperativismo no seu desenvolvemento no sector enerxético2024-01-30T17:17:06+01:00

O sector enerxético é moi complexo e está feito para que non sexa moi doado de entendelo. Formando parte de Nosa Enerxía S.Coop.Galega entenderás tanto a túa factura de electricidade como o funcionamento do Mercado Eléctrico. Ademáis Nosa Enerxía S.Coop.Galega velará polos teus intereses reclamándolle ás distribuidoras as irregularidades que cometen constantemente, así como representarte ante a Consellería de Industria ou na CNMC en reclamacións que sexan necesarias interpoñer para defenderte das irregularidades das distribuidoras.

Que son as enerxías renovables?2024-01-30T17:19:46+01:00

As enerxías renovables son todas aquelas fontes de enerxía obtidas de recursos naturais inagotables:

  • enerxía solar e termosolar, a que xenera enerxía grazas a luz do Sol
  • enerxía eólica, a que xenera enerxía grazas ao vento
  • enerxía hidráulica, a que xenera enerxía grazas á auga dos encoros
  • enerxía ondumotriz, a que xenera enerxía grazas ás ondas do mar
  • enerxía mareomotriz, a que xenera enerxía grazas ás mareas dos mares e océanos
  • enerxía xeotérmica, a que xenera enerxía grazas ao calor do chan
Que supón ser persoa socia dunha cooperativa?2024-01-30T17:20:39+01:00

Unha cooperativa é un tipo de empresa na que para formar parte dela tes que facerte socia aportando un capital social á mesma. No caso de Nosa Enerxía S.Coop.Galega a achega ao capital social é de 100€, que se che devolverían no momento no que decidas abandonar a cooperativa.

Ao facerte socia dunha cooperativa estás facéndote copropietaria da empresa, arriscando unicamente a túa achega ao capital social da cooperativa. Pero polo de agora, ningunha socia que decidiu deixar a cooperativa perdeu o seu capital social e devolvéuselle integramente a súa achega.

Ao facerte socia dunha cooperativa tes dereito a ter voz e voto nas tomas decisións da cooperativa, nas asembleas, e dereito a formar parte do Consello Reitor.

Como copropietaria da cooperativa tes dereito ao acceso a toda a documentación que necesites da cooperativa: actas de asembleas, información contable…

Como socia da cooperativa terás apoio por parte da cooperativa para defenderte fronte as irregularidades das distribuidoras que afecten á túa facturación de enerxía.

Como se produce o aforro enerxético2024-01-30T17:22:14+01:00

O aforro enerxético prodúcese de dúas maneiras:

  • Asesorándote para que mellores o teu consumo de enerxía de maneira que poidas manter a túa calidade de vida consumindo menos enerxía.
  • Aplicando a economía de escala, cantas máis persoas consumidoras sexamos poderemos ofrecer mellores prezos ao poder mercar a enerxía de tódalas socias a mellores prezos (as empresas produtoras fan mellores prezos da enerxía si se lle merca moita ou toda a que producen)
  • Cando sexamos o número de consumidoras suficientes para poder emprender os nosos proxectos de xeración os prezos baixarán aínda máis.
Que é Nosa Enerxía?2024-01-30T17:22:34+01:00

Nosa Enerxía S.Coop.Galega é unha cooperativa de consumo que ten como actividade a comercialización de enerxía eléctrica con certificado de orixe 100% renovable, no territorio peninsular español.

Consumindo enerxía eléctrica con Nosa Enerxía poderás estar seguro de que a cantidade de enerxía que ti consumes se producíu con fontes de enerxía 100% renovables.

Cales son os estatutos da cooperativa?2024-03-11T11:28:50+01:00

Os estatutos de Nosa Enerxía S.Coop.Galega están publicados neste enlace.

Quen pode ser socia?2024-01-30T17:23:16+01:00

Poden ser persoas socias de Nosa Enerxía S.Coop.Galega toda persoa física maior de 18 anos e toda persoa xurídica, todas elas con residencia no territorio español.

Podo asociarme se vivo fóra de Galicia?2024-01-30T17:23:32+01:00

Si, podes ser persoa socia aínda que non vivas en Galicia.

Como asociarse?2024-01-30T17:23:46+01:00

Para facerte persoa socia só tes que cubrir o formulario de asociarte. A solicitude chegaralle ao Consello Reitor que terá que aprobar a solicitude para ser persoa socia. No caso de que se denegase a solicitude o Consello Reitor terá que motivar esa denegación.

Cales son os riscos de ser socia?2024-01-30T17:24:01+01:00

Ao facerte socia dunha cooperativa estás facéndote copropietaria da empresa, arriscando únicamente a túa aportación ao capital social da cooperativa. Pero polo de agora, ningunha socia que decidíu deixar a cooperativa perdeu o seu capital social e devolvéuselle íntegramente a súa aportación.

Que é o autoconsumo?2024-01-30T17:24:15+01:00

O autoconsumo é a capaciade de consumir enerxía que xeneras ti mesma.

Si na túa vivenda tes uns paneis solares que xeneren enerxía podes consumir enerxía directamente deles e toda a enerxía que che falte consumirala da rede de electricidade.

Que son os excedentes de autoconsumo?2024-01-31T19:24:02+01:00

Si os teus paneis solares producen máis enerxía da que consumes entón esa enerxía envíase a rede de electricidade para que outras persoas a consuman. A esa enerxía que envías á rede chámase “excedentes de autoconsumo”

Esa cantidade de enerxía que envías á rede contabilízaseche e descóntaseche da túa factura. Ese desconto faise en € e non kW. Poñamos un exemplo con datos orientativos:

Período de consumokWh consumidos€/kWh consumidosImporte kWh consumidoskWh excedentes€/kWh excedentesImporte kWh excedentes
P1200,20 €4,00 €800,097,2
P2400,15 €6,00 €700,096,3
P3900,10 €9,00 €1500,0913,5
Total15019,00 €30027,00 €

Segundo a lexislación vixente o importe máximo a compensar co autoconsumo non pode superar o importe da enerxía consumida. No exemplo anterior, a pesares de que a enerxía que envorcaches á rede suporían un desconto de 27€ pero só se poderían descontar 19€ quedando un resultado de 0€ polo consumo de enerxía.

Na lexislación vixente o desconto da compensación do autoconsumo non se pode aplicar aos peaxes correspondentes á enerxía consumida, nin á potencia contratada, nin aos impostos. Deste xeito o autoconsumo nunca podería xerar unha factura con importe de 0€

Vista esta situación legal vixente, Nosa Enerxía S.Coop.Galega creou o “Peto Virtual” que lle da valor a todos os excedentes e a parte que legalmente non se podería descontar como compensación de autoconsumo (no exemplo anterior, 27-19=8€) aplícase como “desconto comercial”

Para máis información visita o noso “Peto Virtual”

Ir a Arriba