Día: 30 de abril do 2022
Lugar: virtual a través da plataforma ZOOM.
Hora de comezo: 11:00 en primeira convocatoria e 11:30 en segunda convocatoria. Non
se admitirá entrar na asemblea pasadas as 11:35h.
Hora de remate: 13:00 (aproximadamente)
Orde do día:
- Incorporación de Nosa Enerxía S. Coop. Galega a FIARE e a COOP57
- Elección das persoas que asinarán a acta.
Xunto coa presidente e secretaria da asemblea, teñen que asinala tres persoas presentes na
asemblea. - Rogos e preguntas.
Aqui podes atopar a documentación e instruccións necesarias para asistir á asemblea, o calendario desta asemblea, o exercicio do voto e o procedemento de participación da asemblea.
Para resolver calquera dúbida podes enviar un correo electrónico a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Inscrición para asistir á asemblea.
Para garantir o texto normativo e estatutario así como o normal funcionamento da asemblea, establecemos un prazo de inscrición para asistir a asemblea, dende o día que reciba esta convocatoria ata o día 24 de abril de 2022 ás 23:59h
A inscrición deberase facer a través do seguinte formulario: https://forms.gle/Gv8xusLDHF2GePJa6
Confirmaranse (ao correo electrónico indicado no formulario anterior) tódalas inscricións e votos delegados válidos.
Nos días anteriores á asemblea, enviaremos o enlace correspondente, con todas as indicacións oportunas, que lle faciliten o acceso á asemblea.
Achégase coa convocatoria o modelo de representación/voto delegado correspondente, que de ser o caso, deberá xuntalo, no momento de cursar a súa inscrición para a asemblea, a través do correo-e: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Segundo o Artigo 25.2 dos Estatutos Sociais da cooperativa
A asemblea quedará validamente constituída en primeira convocatoria cando estean presentes e representados a maioría dos votos sociais, e en segunda con calquera que sexa o número de cooperativistas presentes ou representados. Serve acadar estes quórums ao comezo da sesión para que a presidencia a declare validamente constituída.
Segundo o artigo 26.4 dos Estatutos sociais da cooperativa
As persoas socias poderán facerse representar por outras persoas socias, polo seu cónxuxe, ou polos seus parentes ata o terceiro grao de consanguinidade ou segundo por afinidade, con plena capacidade de obrar, autorizándoas por escrito autógrafo ou poder especial subscrito polo representado ou representada para cada asemblea, verificada tal representación polo presidente ou presidenta e o secretario ou secretaria da asemblea.
Este escrito autógrafo ou poder especial deberá estar asinado manuscrita ou dixitalmente.
No caso de sinatura manuscrita, deberán achegar xunto co documento de representación, unha copia do DNI de cada unha das persoas socias a quen representa.
Calendario.
O calendario para esta Asemblea será o seguinte:
Dende o día 13 até o día 24 ás 23:59h ábrese o prazo para:
rexistrarse como persoa socia asistente e votante á asemblea.
rexistrar as delegacións de votos.
As posibles incidencias no rexistro de votos delegados teranse que solucionar antes do día 26 ás 23:59h.
Tódalas persoas socias ás que se lle confirme o seu rexistro como asistente e votante á asemblea terá que rexistrarse na plataforma de votación antes do día 30 ás 10:59h.
Documentación.
Uso de ZOOM.
Exercicio e dereito de voto.