A partir do 1 de xuño entra en vigor unha nova estrutura de tarifas eléctricas para as comercializadoras eléctricas do estado.

Xa teñen a súa disposición e con toda a información, as novas tarifas da luz 2.0TD e 3.0TD de Nosa Enerxía S. Coop. Galega.

http://nosaenerxia.gal/index.php/gl/tarifas/tarifa-2-0-td

 
 
 
 
 
A cooperativa Nosa Enerxía apoia o manifesto "Aldeas con horizonte", por unha moratoria de novos parques eólicos e por un novo modelo de desenvolvemento eólico pra Galicia.
Uns 60 colectivos galegos do ámbito ecoloxista, sindical, veciñal, cultural, xunto con plataformas de persoas e comunidades de montes afectadas por parques eólicos abusivos en Galiza lanzaron a finais do 2020 o manifesto "Aldeas con Horizonte" no que demandaban a moratoria de novos parques eólicos, a revisión dos xa aprobados con conflito social e/ou ambiental e a elaboración dun novo marco normativo en materia eólica que promova no país un modelo de implantacion desta enerxía máis ordenado, sostíble, social, participativo, xusto e racional.
Dende Nosa Enerxía pensamos que é preciso abrir un debate social amplo contando coa cidadanía e con todos os axentes implicados.
Levar a cabo ese cambio de modelo polo que Nosa Enerxía apostou cando se creou a cooperativa,  que poña no centro ás persoas, respetando o medio ambiente e apostando por un desenvolvemento sostible e de xustiza social, promovendo un consumo responsable, descentralizado, que fortaleza o ámbito da economía local, os nosos pobos, os nosos montes, o noso patrimonio.  Falamos de participación, do dereito a decidir poñendo ás persoas no centro do debate.

Debemos participar, reclamar o noso dereito a decidir no novo proceso social co propósito de recuperar a soberanía enerxética, e poñerlle  o freo a ese mal chamado "interés xeral" que en nome da transición enerxética fomenta modelos especulativos e de lucro.
Como din os colegas da cooperativa Goiener, frente aos macro parques eólicos: "decidir si como sociedad somos conscientes de la emergencia climática; si queremos que prevalezcan los valores medioambientales y sociales frente a los intereses económicos"

Podes ler o Manifesto eiquí:
http:// https://www.change.org/p/aldeas-con-horizonte-moratoria-xa-de-novos-parques-eólicos-e-novo-modelo-de-desenvolvemento-eólico
 

Dende Nosa Enerxía queremos compartir este video explicativo e didáctico sobre a montaxe da fase 1 do proxecto de Tameiga, coa instalación fotovoltaica de 25 kW de potencia na nave das Pedriñas da mán dos nosos socio, Suso e Maribel de Montaxes Lagoa.

Agradecer e adicarlle este éxito á CMVMC de Tameiga e ás persoas socias de Nosa Enerxía S. Coop. Galega por facer posible un dos lemas da coop. Pasar das palabras aos feitos!!

 

 

Nosa Enerxía S. Coop. Galega é unha cooperativa sen ánimo de lucro e unha das áreas onde se manifesta este feito é área social/verde.A coop. ten unha ferramenta para cooperar con entidades socias, os convenios sociais. Trátase dunha formula beneficiosa para as partes que convenian, dun lado, apostar pola filosofía e modelo de transición enerxética coa coop. pola parte dos membros da entidade socia e por outra Nosa Enerxía corresponde axudando proxectos de tipo social, medioambiental, deportivo, cultural ou científico da entidade socia.
A entidade socia da coop. Amigos da Terra, asinou fai máis dun ano, un convenio social da coop. Nosa Enerxia vai a facer unha aportación económica ao proxecto de Amigos da Terra: Cultivando culturas. Horta de aprendizaxe comunitaria intercultural que terá lugar na Horta da Terra en Ourense e destinado para usuarias de Provivenda, que é unha ONG que traballa con refuxiadas. Neste caso será para refuxiadas que actualmente reside en Ourense.
Rematada con éxito a fase 1 do proxecto de Tameiga, coa instalación fotovoltaica de 25 kW de potencia na nave das Pedriñas por cortesía da nosa entidade socia Montaxes Lagoa.
 
Agora mesmo, en Tameiga, da mán da CMVMC de Tameiga e Nosa Enerxía S. Coop. Galega , estase a facer realidade o maior proxecto social e de transición enerxética comunitaria de Galicia en beneficio de todas e todos.
 
 
 
 

Nosa Enerxía S. Coop. Galega acada os 1000 contratos de suministro de enerxía renovable con certificado de orixe.Grazas pola vosa confianza!!

Novas tarifas da luz 

En xullo de 2019 a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia ( CNMC) publicou unha primeira proposta dunha nova metodoloxía para o cálculo das peaxes de transporte e distribución de electricidade (novas tarifas). Nese escrito dicíase que entrarían en vigor o 1 de xaneiro de 2020, pero tras os períodos de consultas e alegacións, foise atrasando.

Finalmente, a nova proposta publicouse no BOE, e por tanto fíxose oficial, o 15 de xaneiro de 2020 (Circular 3/2020, do 15 de xaneiro). Neste novo documento indícase que as novas tarifas entrarían en vigor o 1 de novembro de 2020, pero debido á situación actual provocada polo COVID-19 atrasouse a súa entrada en vigor ao 1 de abril de 2021 (Circular 7/2020 do 22 de xullo). O 25 de febreiro, o Miteco anunciou que a data definitiva será o 1 de xuño de 2021.

Novas tarifas ATR:

  • Todas as tarifas ATR do sistema cambiarán ao novos sistema tarifario: consumidores domésticos e empresas.

  • Os cambios en potencia afectan na forma de contratación, número de períodos e na maneira de penalizar os excesos.

  • A principal novidade no termo de enerxía é a introdución da discriminación por períodos, obrigatoria en todas as tarifas.

  • Créase unha tarifa especial para os puntos de recarga públicos.

Créanse dúas tarifas ATR para vehículos eléctricos: 3.0 TDVE e 6.1 TDVE: Estas tarifas ATR terán un desconto no custo ATR de potencia e de enerxía (20% e 80% respectivamente das peaxes de transporte e distribución, cunha utilización do 10%)

  • Exclusivamente para recarga de vehículo eléctrico con acceso público.

  • Aplicación a aqueles puntos de subministración en redes de tensión inferior a 30 kV e con potencia contratada superior a 15kW.

Créanse tarifas ATR para autoconsumo a través de rede:

  • Tarifas 2.0 TDA, 3.0 TDA, 6.1 TDA, 6.2 TDA, 6.3 TDA e 6.4 TDA.

  • Mesma estrutura que as novas tarifas.

imagen1

 

A continuación explicamos as características das tarifas que afectan ás persoas socias de Nosa Enerxía:

Tarifas 2.0 TD

  • A nova tarifa 2.0 TD substitúe ás tarifas 2.0 e 2.1 actuais.

  • Tensión < 1 kV.

  • Potencia contratada ≤ 15 kW en todos os períodos.

  • Dous termos de potencia: punta e val.

  • Tres termos de enerxía: punta, chairo e val.

  • 8 horas cada período en días laborables.

  • En total ao ano hai máis do 50% de horas en período vale.

Potencia:

 potencia

Enerxia: 

enerxia

 

 

O período punta é o máis caro de todos, seguido do chan. Por último o val que é o más barato dos tres

 

 

Tarifas 3.0 TD

Tensión < 1 kV (baixa tensión). Potencia contratada > 15 kW en polo menos 1 dos períodos.

Seis termos de potencia con potencias crecentes, Pn+1 ≥ Pn.

P1 actual = P1 na nova tarifa.

P2 actual = P2, P3, P4 e P5.

P3 actual = P6 (pasaría a ser a máis alta contratada).

Principais novidades:

• Potencias crecentes: P1≤ P2 ≤ P3 ≤ P4 ≤ P5 ≤ P6

Cambian as penalizacións por excesos de potencia.

Períodos de enerxía e potencia

Os períodos dividen as horas do ano en función da tempada, o día da semana e a hora do día.

O ano dividirase en catro tempadas e 5 tipos de días:

 

dias

 

horas

 

As horas de cada período segundo o tipo de día:

 

periodos

 

En formato táboa:

 

taboa

 

 

 

 

Resultado da interacción e traballo entre o Concello da Illa de Arousa, Arousa en Transición e Nosa Enerxía S. Coop. Galega,no marco do proxecto Clean Energy for EU Islands presentamos a instalación fotovoltaica na cuberta da escola infantil Galiña Azul da Illa de Arousa que será realidade no primeiro semestre do 2021 por cortesía de Electricidade Elesma do Grove.
A importancia deste proxecto radica en facer unha instalación nun centro educativo que vai servir de exemplo para a educación medioambiental no centro, aforro enerxético e económico, evitar emsións de CO2, soberanía enerxética, xerar emprego e riqueza no entorno, compensación de excedentes de autoconsumo, primeira peza da futura comunidade enerxética na Illa de Arousa,
Agradecer ás persoas socias de Nosa Enerxía S. Coop. Galega pola súa confianza e conseguir convertir as palabras en feitos.Este proxecto leva implicita a vosa sinatura como protagonistas no cambio de modelo enerxético.

Nosa Enerxía S. Coop. Galega impartiu o pasado 18 de decembro, un obradoiro sobre exemplos de cooperativismo.O presidente de Nosa Enerxía S. Coop. Galega, Ángel Montero fixo unha presentación da cooperativa en aula D en Vigo.

O vindeiro 27 de novembro, o vicepresidente de Nosa Enerxía S. Coop. Galega, Pablo Álvarez vai a intervir na palestra  sobre a Enerxía Comunitaria en Europa no marco do Seminario. Internacional Os venres ao vento, organizado pola OEGAL.

Páxina 1 de 2

Entidades socias:

TECGAL cousas da terra cdr portas abertas en comun espazocoop itaca boa vida concello de san sadurninho BNG adega Lugo a galleira cultura do pais agaca comunidade de montes de asados amigos da terra cidadania abeiro equo galicia galivoltaica sl Semente sacauntos lareira de alen arbore coop circulo de recreo de lalin Pegadas S coop galega esquerda unida lugo novo 7H cooperativa aldea coop A Gentalha do Pichel ACDeM Armadiña Ouresnse en Comun teatro ensalle numax amarelante it fabricacion  comunidade de montes en man comun de couso Casa Pousadoira Mexillón de Galicia Milhulloa

 

Entidades colaboradoras:

concello de rianxo concello de ames concellodemoaña nasa social media montaxes lagoa a casa de ana cervexa bubela dentalio forococheselectricos Xesmega Xesmega Casa Quiñones LMT Abogadosregueiro