Sábado, 29 Mai 2021 10:58

Nosa Enerxía apoia o manifesto "Aldeas con Horizonte"

 
 
 
 
A cooperativa Nosa Enerxía apoia o manifesto "Aldeas con horizonte", por unha moratoria de novos parques eólicos e por un novo modelo de desenvolvemento eólico pra Galicia.
Uns 60 colectivos galegos do ámbito ecoloxista, sindical, veciñal, cultural, xunto con plataformas de persoas e comunidades de montes afectadas por parques eólicos abusivos en Galiza lanzaron a finais do 2020 o manifesto "Aldeas con Horizonte" no que demandaban a moratoria de novos parques eólicos, a revisión dos xa aprobados con conflito social e/ou ambiental e a elaboración dun novo marco normativo en materia eólica que promova no país un modelo de implantacion desta enerxía máis ordenado, sostíble, social, participativo, xusto e racional.
Dende Nosa Enerxía pensamos que é preciso abrir un debate social amplo contando coa cidadanía e con todos os axentes implicados.
Levar a cabo ese cambio de modelo polo que Nosa Enerxía apostou cando se creou a cooperativa,  que poña no centro ás persoas, respetando o medio ambiente e apostando por un desenvolvemento sostible e de xustiza social, promovendo un consumo responsable, descentralizado, que fortaleza o ámbito da economía local, os nosos pobos, os nosos montes, o noso patrimonio.  Falamos de participación, do dereito a decidir poñendo ás persoas no centro do debate.

Debemos participar, reclamar o noso dereito a decidir no novo proceso social co propósito de recuperar a soberanía enerxética, e poñerlle  o freo a ese mal chamado "interés xeral" que en nome da transición enerxética fomenta modelos especulativos e de lucro.
Como din os colegas da cooperativa Goiener, frente aos macro parques eólicos: "decidir si como sociedad somos conscientes de la emergencia climática; si queremos que prevalezcan los valores medioambientales y sociales frente a los intereses económicos"

Podes ler o Manifesto eiquí:
http:// https://www.change.org/p/aldeas-con-horizonte-moratoria-xa-de-novos-parques-eólicos-e-novo-modelo-de-desenvolvemento-eólico