Xoves, 17 Xuño 2021 17:49

Escola de Enerxía: Interpretación da factura eléctrica dixital e os novos tramos horarios.

O xoves 17 de xuño ás 17:30 horas, realizaremos unha nova edición da Escola de enerxía organizado por Boa Vida Inclusión Activa.
 
Con motivo das novas tarificacións das eléctricas, Pablo Álvarez de Nosa Enerxía S. Coop. Galega daranos consellos e claves sobre o aforro enerxético, a factura eléctrica dixital e os novos tramos horarios de uso eléctrico.
 
Convidámoste a traer a túa última factura de electricidade para aprender a analizala correctamente.
 
Se queres participar nesta edición podes contactarnos no 698.124.762 ou no email Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
 
Por razóns sanitarias o cupo de prazas será reducido, recomendámoste que te inscribas canto antes.