Como enviarlle as túas lecturas á distribuidora para evitar lecturas estimadas.

Dende Nosa Enerxía S.Coop.Galega queremos ensinar como enviarlle as túas lecturas reais á distribuidora para que cobren lecturas reais e non estimadas.

A pesares de que as distribuidoras teñen que facer a facturación en base a lecturas reais e cunha periodicidade dun mes en aqueles puntos de subministración que teñen un equipo de medida con capacidade para a telemedida e a telexestión, ás veces emiten facturas con lecturas estimadas.

Cando recibimos unha factura con lecturas estimadas temos que reclamarlle á distribuidora que realice lecturas reais e regularicen os consumos estimados cobrados. Por experiencia, estas reclamacións soen tardar no tempo e ás veces volvemos a recibir outras facturas con lecturas estimadas antes de que a distribuiora realice as lecturas reais e regularice os consumos estimados cobrados.

Para intentar evitar estas situacións, é importante entender que son eses números que aparecen nos novos contadores, chamados "intelixentes" para comprobar que as lecturas das facturas que recibes son correctas ou hai que reclamarlle á distribuidora que faga lecturas reais ou revisen o funcionamento do contador (a pesares de ser "intelixentes" tamén se avarían).

Si a túa distribuidora é:

Si a túa distribuidora é outra distinta ás anteriores terías que contactar con ela e pedirlle como acceder á súa área privada e como enviarlles as lecturas do teu contador.

Pode ser que non sepas cal é a túa distribuidora, polo que neste caso contacta con nós a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou no 681608386 (de luns a venres dende as 10:00h até as 14:00h) e dirémosche cal é a túa distribuidora.