Nosa Enerxía S. Coop. Galega participou na mesa redonda sobre Enerxías renovables, a clave para un futuro verde e azul, no marco do Festival Mar de Mares.
Moderados por Guillermo Iglesias, Profesor de Economía Ambiental na Facultade de Económicas da UDC, darannos as claves para entender a importancia que para o noso futuro representa a transición enerxética e o potencial do mar na xeración de enerxía renovable.
Interviron:
Pablo Álvarez Fernández, Vicepresidente (Nosa Enerxía)
Antonio Fernández-Montells, Director Financieiro (Greenalia)
Anxo Ramón Calvo Silvosa, Coordinador do Grupo de Investigación GREFIN (UDC).