No marco da Mostra do Posible 2020 en Cangas do Morrazo.
Nosa Enerxía S. Coop. Galega vai a participar no faladoiro sobre a inevitabilidade do cambio productivo por imperativo climático na Escola das Economías Transformadoras.
O vicepresidente da coop. Pablo Álvarez, vai a falar da experiencia de Nosa Enerxía na mesa de experiencias das economías transformadoras o sábado 03/10/20 de 09:00 - 14:00 horas.
Este vénres 30 de agosto entre as 16:00h-19:00h no punto de información da coop. na Coruña no Ecocentro Pura Vida.
O encontro terá as seguintes actividades:
-Sorteo dun lote de productos do Ecocentro Pura Vida para as persoas socias que asistan a este evento.
-As persoas que se asocien a cooperativa en este evento, recibirán un vale de compra por valor de 10€ en productos do noso punto de información.
-Petisco para as persoas socias de Nosa Enerxía.
-Exposición V aniversario de Nosa Enerxía.
-Información sobre a factura da luz e actividade da coop.
Nosa Enerxía S. Coop. Galega presenta o evento do seu V aniversario que terá lugar na Illa de Arousa.O programa de actividades ten como obxeto amosar á sociedade o traballo feito pola coop. nos últimos 5 anos e sobre todo homenaxear ás persoas socias de Nosa Enerxia.