Dúbidas sobre a Cooperativa

Que é Nosa Enerxía?

Nosa Enerxía é unha cooperativa de uso e consumo, e sen ánimo de lucro, cuxo obxecto é comercializar enerxía de orixe renovable certificada.

Deste xeito, as persoas socias da cooperativa aportan o seu gran de area para cambiar o modelo enerxético actual e evolucionar cara a un modelo 100% renovable e sustentable.

Vantaxes de asociarse

A persoa socia da cooperativa pode acceder aos servizos que se van xerando para os membros da cooperativa.

O valor engadido de asociarse a Nosa Enerxía reside na posibilidade de participar no desenvolvemento da cooperativa a través dos grupos de traballo e na asemblea, onde cada persoa socia ten voz e voto.

Cales son os estatutos da cooperativa?

Podes atopar os estatutos da cooperativa aquí.

Quen pode ser socia/o?

Calquera persoa física ou xurídica (cooperativa, empresa, asociación, fundación, comunidade de veciños,comunidade de montes, etc.) pode ser persoa socia da cooperativa.

Para asociarse só se debe encher o formulario e facer a achega correspondente ao capital social.

En Nosa Enerxía existen dous tipos de persoas socias:

Persoas socias consumidoras: Son todas aquelas persoas que consumen os produtos e servizos da cooperativa.

Para ser persoa socia consumidora cómpre facer unha achega de 100 € ao capital social, unha soa vez, e retornables en caso de que se deixe a cooperativa. Non hai cotas.

Persoas socias colaboradoras: Son todas aquelas persoas que non consumen os produtos e servizos da cooperativa, pero colaboran no desenvolvemento da cooperativa.

Para ser persoa socia colaboradora cómpre facer unha achega de 200 € ao capital social, unha soa vez, e retornables no caso de que se deixe a cooperativa.

Non hai cotas. As persoas socias consumidoras e colaboradoras teñen os mesmos dereitos e deberes na cooperativa.

Podo asociarme se vivo fóra de Galicia?

Calquera persoa pode asociarse a Nosa Enerxía, independentemente do seu lugar de residencia.

A cooperativa é un proxecto aberto a todas aquelas persoas que desexen participar na mesma.

Como asociarse?

Só tes que encher o formulario “Asóciate” e facer a achega correspondente ao capital social da cooperativa, dependendo do tipo de persoa socia que desexes ser (consumidora ou colaboradora).

A achega ao capital social págase unha soa vez, e non hai outras cotas.

Logo de facer o anterior, enviarémosche ao teu enderezo electrónico unha mensaxe informando de que recibimos a túa solicitude.

A continuación, enviarémosche pola mesma canle, e na maior brevidade posible, a confirmación da túa alta na cooperativa e o teu número de persoa socia, co que podes acceder ao resto de formularios da web. No caso de que queiras deixar de ser persoa socia da cooperativa, váiseche devolver a achega segundo a situación económica da cooperativa.

Cales son os riscos de ser socia/o?

Se Nosa Enerxía chega a unha situación de insolvencia, na que non poida pagar as súas débedas, a persoa socia só responde co capital achegado no seu día para ser persoa socia da cooperativa. Polo tanto, e no peor dos casos, a persoa socia só perdería a achega ao capital social e as achegas voluntarias. Non existen responsabilidades de tipo patrimonial, legal ou de outro tipo.

Necesitas mais axuda?

Necesitas mais axuda? Contacta.

Entidades socias:

946 empresa logo262923 358450607569155 556440562 ncdr2520portas2520abertascropped Logo web 1024x275fpeamninmbogbjijitacajfekcnnmlnmcmenalogoLogo BNGlogo cabeceiraoahpkmhickgokkjiprova logoImagen relacionadaResultado de imagen de comunidade de montes de asadosResultado de imagen de amigos da terrajdflbnpmnahjohekResultado de imagen de abeiroQgalicia 1Resultado de imagen de galivoltaica slSemente

 

Imagen relacionadaImagen relacionadaResultado de imagen de arbore coopResultado de imagen de casino de lalinResultado de imagen de concello de rianxoResultado de imagen de concello de amesResultado de imagen de Pegadas S coop galegaResultado de imagen de esquerda unida galiciaidmbefbhhapbkgcgelagehbnmkpgndlkfijbllpconfjlaggagentalladopichelarmadiñaconcellodemoañaouresnseencomunbico de graoamarelanteLa imagen puede contener: textoLa imagen puede contener: textoLa imagen puede contener: textoLa imagen puede contener: textoNo hay descripción de la foto disponible.logoResultado de imagen de en marea