Aforro Enerxético

Dende Nosa Enerxía consideramos ca mellor enerxía é aquela que non se consume.

Presentamos consellos sinxelos e fáciles de poñer en práctica para aforrar na casa.

Iluminación

O uso da iluminación e un dos puntos que máis inflúe na factura da electricidade, apague as luces cando non as precise, cambie as súas bombillas tradicionais por bombillas de baixo consumo, aínda que son máis caras, duran moito máis, o que fai rendible a súa compra.

A calefacción

É un dos elementos que máis enerxía consume no fogar. Debemos de manter unha temperatura de conforta axeitada, a temperatura de referencia anda polos 20º. Temperaturas máis altas fan que o consumo aumente considerablemente.

Electrodomésticos

O vídeo, DVD ou o sintonizador de televisión dixital, cando os apagamos co mando a distancia, en realidade non se apagan, se non que pasan a un modo de espera, polo que seguen a consumir enerxía, esta e a denominada "enerxía pantasma". Apaguémolos no interruptor, e así evitaremos un gasto de ó redor dun 3% de enerxía.

Se usamos vitrocerámica, é moi importante aproveita-la calor residual. Na cociña debemos de usar potas algo máis grandes co fogón no que as poñemos, a fin de aproveitar ben toda a calor dispoñíble.

Os fornos microondas son moi efectivos para quentar pequenas porcións de alimentos, xa que consumen entre un 30% e un 70% menos que os fornos convencionais.

A aspiradora consume moita máis enerxía, se traballa coa bolsa do lixo atascada, ou moi chea, e cos filtros en mal estado. Un mantemento axeitado destes puntos farán que a nosa aspiradora, funcione e consuma coma o primeiro día.

Os frigoríficos e conxeladores deben estar instalados en sitios ventilados, lonxe de fontes de calor. Temos que coida-lo estado das gomas das portas, xa que son as que garanten que o frío do interior se manteña.

Etiquetado enerxético:

É un sistema que establece a relación da enerxía que consume o electrodoméstico coa cantidade de traballo que desenrola. O etiquetado pretende ser unha vía de información que lle facilite ao usuario datos sobre o consumo, ruído, vida media, eficiencia en lavado ou secado. Os etiquetados, segundo o electrodoméstico en cuestión, van dende a letra A ( a máis eficiente ) ata a F.

Edificios públicos e comunitarios.

É moi importante substituí-los temporizadores, que regulan o alumeado das escaleiras, por detectores de presencia, ou instalar temporizadores por plantas, para que non se teñan que acender tódalas luces da escaleira, cando saímos do ascensor, en calquera planta. Tamén é moi eficiente colocar balastros electrónicos nas luces que teñen que botar acesas moitas horas, como as dos garaxes.

Podes ampliar a información sobre aforro enerxético na Guía Practica de Aforro da Enerxía do INEGA. 

http://www.inega.gal/descargas/publicacions/Guia_Practica_Aforro_Enerxia_2011.pdf

Entidades socias:

TECGAL cousas da terra cdr portas abertas en comun espazocoop itaca boa vida concello de san sadurninho BNG adega Lugo a galleira cultura do pais agaca comunidade de montes de asados amigos da terra cidadania abeiro equo galicia galivoltaica sl Semente sacauntos lareira de alen arbore coop circulo de recreo de lalin Pegadas S coop galega esquerda unida lugo novo 7H cooperativa aldea coop A Gentalha do Pichel ACDeM Armadiña Ouresnse en Comun teatro ensalle numax amarelante it fabricacion en marea comunidade de montes en man comun de couso Casa Pousadoira Mexillón de Galicia Milhulloa

 

Entidades colaboradoras:

concello de rianxo concello de ames concellodemoaña nasa social media montaxes lagoa a casa de ana cervexa bubela dentalio forococheselectricos Xesmega Xesmega