Tarifas transparentes

En Nosa Enerxía S. Coop. Galega pagarás polo que consumas, sen cotas mensuais e sen servizos adicionais

Para ofrecer as mellores tarifas, en Nosa Enerxía rebaixamos a nosa marxe polo prezo da potencia, sendo inferior incluso o do PVPC.

A enerxía é un recurso natural que debemos coidar

Entende a tarifas e a factura

Explicámosche os conceptos

2.0TD

Fogar e negocios

  • Potencia contratada menor de 15 kW
  • 2 períodos de potencia e 3 de enerxía
  • Prezo fixo de enerxía ou tarifa indexada

3.0TD

Empresas

  • Potencia contratada maior de 15kW

  • 6 períodos de potencia e 6 de enerxía

  • Prezo fixo de enerxía ou tarifa indexada

2 conceptos para entender a factura da luz

Para entender as tarifas eléctricas temos que ter claros 2 conceptos que podemos atopar na factura da luz: a potencia contratada e a enerxía consumida.

Potencia

A potencia contratada mídese en kW, e limita a cantidade de enerxía que podemos consumir ao mesmo tempo sen que salte o Instrumento de Control de Potencia (ICP) do contador da luz. Cantos máis aparellos eléctricos queiramos conectar o mesmo tempo máis potencia precisaremos.

  • Medida en kW

  • Limita a cantidade de enerxía simultánea

O prezo da potencia contratada está composto por:

  • Cargos e peaxes que cobra a distribuidora
  • Marxe de comercialización que cobra a comercializadora.

Este prezo da potencia contratada divídese en períodos horarios nos cales ten un prezo diferente.

Enerxía

A enerxía consumida, mídese en kWh, e indica a cantidade de enerxía eléctrica que se consumiu no período da lectura indicada na factura.

  • Medida en kWh

  • Cantidade de enerxía consumida (lectura)

O prezo da enerxía consumida, no Mercado Libre, está composto por:

  • Parte regulada: cargos e peaxes (están regulados e o seu prezo publícase no BOE)
  • Parte libre: custes da electricidade no mercado eléctrico + a marxe de comercialización**

Inclúe conceptos como a achega obrigatoria ao Fondo Nacional de Eficiencia Enerxética, as Garantías de Orixe renovable, desvíos e custes de operación, aparte dos salarios das traballadoras, software e outros servizos que precisamos para funcionar.

Tarifa indexada

Prezo variable cada hora e cada día

As tarifas indexadas (2.0TDI e 3.0TDI) ofrecen a electricidade ao prezo do Mercado Libre, polo que cada hora de cada día ten un prezo diferente. Esto fai que cada día teña 24 prezos diferentes, un prezo para cada hora do día.

Os prezos de cada hora do día asemellaránse aos do PVPC, pero sendo enerxía 100% renovable. O prezo da enerxía podera coñercerse  a partir das 12:15h (logo de que remate o proceso de casación no Mercado Diario e se fixen os prezos definitivos para o día seguinte).

Vantaxe da tarifa indexada

  • Pagas a luz a prezo de Mercado, polo que si o prezo do Mercado baixa, a túa tarifa tamén.
  • Nosa Enerxía S.Coop.Galega reduce o risco en caso de que o Mercado se dispare, por elo podemos reducir a marxe de comercialización.

Desvantaxes da tarifa indexada

  • Non hai prezo fixo polo kWh
  • Non coñecemos o prezo do kWh no futuro, xa que só podemos saber o prezo da enerxía de hoxe.
  • Estar exposta ás subidas* do Mercado.

* Aínda que até o 31 de maio de 2023 agárdase que o prezo da enerxía no Mercado non varíe moito, grazas á normativa do tope do gas.

O importe do término de enerxía obterase multiplicando o prezo horario (calculado segundo a fórmula seguinte) pola enerxía consumida no punto de subministración. O custe dos peaxes, calcularase por separado:

Prezo = 1,015 x Perd x (Mercado Diario + Mercados Axuste + Prezos Regulados + Xestión Nosa Enerxía)

  • 1,015 fai referencia ao pago das Taxas Municipais – por ocupación de chan – que ten que asumir Nosa Enerxía S.Coop.Galega, correspondente ao 1,5% do importe total facturado pola enerxía
  • Perdas: Perdas totais do Sistema Eléctrico español.
  • Mercado Diario: Prezo horario do Mercado Diario do Operador do Mercado Eléctrico español.
  • Mercado de Axuste: Prezos dos Mercados de Axuste do Operador do Sistema Eléctrico español.
  • Prezos Regulados: Prezos dos conceptos regulados na normativa vixente.
  • Xestión Nosa Enerxia: Prezo pola xestión do contrato

O prezo da xestión de Nosa Enerxía é un prezo que se ve afectado polo número de contratos e tarifa indexada. Conforme haxa máis contratos os custes de xestión irán baixando grazas a economía de escala. Dentro destes custes de xestión incluímos:

  • GdOs (€/MWh): Garantías de Orixe Renovable
  • Custe Operación (€/MWh)
  • Sobrecuste desvíos (€/MWh)
  • FNEE (€/MWh): Fondo nacional de eficiencia enerxética

Duración: un ano

Revisión de prezos: trimestral e/ou conforme se modifiquen os peaxes fixados polo Ministerio de Industria, ou os conceptos regulados. No caso de modificalas antes comuncicaríamolo ás persoas consumidoras ao seu correo electrónico con suficiente antelación.

Outros conceptos: non inclúe peaxes e cargos da enerxía, alugueiro do contador, imposto eléctrico, nin IVE, nin o financiamento do Bono Social nin o axuste do tope do gas.

INDEXADO PROMEDIO: No caso de non dispoñer da curva de carga horaria correspondente realizarase un promedio dos custos de mercado por cada período que se aplicarán ao total da enerxía consumida no período que corresponda.

En Nosa Enerxía S.Coop.Galega pagarás polo que consumas, sen cotas mensuais.

Prezo medio na tarifa indexada

AnoMes€/kWh
Prezo medio 12 meses0,16
2022Agosto0,23
2022Setembro0,22
2022Outubro0,20
2022Novembro0,20
2022Decembro0,18
2023Xaneiro0,15
2023Febreiro0,22
2023Marzo0,17
2023Abril0,15
2023Maio0,15
2023Xuño0,17
2023Xullo0,17
2023Agosto0,17
2023Setembro0,18
2023Outubro0,17
2023Novembro0,14
2023Decembro0,15
2024Xaneiro (provisional até o 18/01/24)0,15

 

*Descubre o teu historial de potencias demandada na área privada da túa distribuidora:

**Os cálculos fanse sobre unha tarifa 2.0TD cun custe de xestión de 0,021€/kWh